viernes, 22 de febrero de 2008

Un mundo sin fin

Quen leu "Os Pilares da Terra" a bo seguro que non se quedou -ou quedará- sen ler "Un Mundo sin Fin". A trama desta segunda parte empeza 200 anos despois de rematar a da primeira e os seus protagonistas son os descendentes daqueles e transcorre na mesma localidade, Kingsbridge, que agora e toda unha cidade de 7.000 habitantes.

Na primeira parte Ken Follet pérdese en grandes descripcións das artes e oficios da época e, sobre todo, en trazar coa palabra as diferentes formas arquitectonicas do século XII. Desta vez as descripcións son mais breves e, polo tanto, menos precisas. Hai mais novela e menos 'arte' ou, dito doutra maneira, menos traballo de investigación. Pode que o autor tan so búscase, ó rebufo de 'Os pilares da Terra' facer unha novela moi comercial que tivese un gran éxito de ventas. Si era eso o que quería dende logo que o conseguiu. O que si non puido lograr foi igualar, nin tan siquera acercarse, ó nivel literarario da primeira parte. E mais, a trama é tan semellante a de 'Os pilares da terra' que 'Un mundo sin fin' semella un plaxio daquela. A diferencia aquí está en que a gran obra que se realiza é unha reparación da primeira, e dicer, da Catedral de Kingsbridge, en concreto da torre -por certo, inspirada na construcción da torre de Santa Maria de Gasteiz. Outra variante está na eterna loita polo poder, que na primeira parte se daba entre clero e nobreza, e agora aparece unha terceira forza, o capital, encarnado polos mercaderes, que é o que move a uns e outros, nunha ou outra dicrección, en función do diñeiro que estén dispostos a aportar. E por último, diferenciase esta segunda parte da primeira en que aparece, xunto coa fame derivada das épocas con malas colleitas, a peste, o cal é causa grandes estragos na trama da novela e, polo tanto, resulta impactante no lector.

lunes, 14 de enero de 2008

O Capital

Ao fin rematei a lectura deste libro agasallado polo compañeiro e amigo Lino tras unha conversa na que, polo visto, amosei -non so eu- certas carencias en canto o dominio de conceptos básicos de economía. Eche ben certo que non hai mal que por ben non veña.

Michel Husson di na introdución a esta versión resumida de "O Capital" que hai que aprender a ser radical, e dicer, que hai que ir a raiz das cousas. É por iso que pra comprender o mundo capitalista actual faise necesario acudir a obra de Karl Marx porque éste autor analizou, coma ninguén o fixo endexamais, con acertada sagacidade éste fenómeno.

Pode decirse que "O Capital" é unha obra moi actual a pesares do paso do tempo, pois léndoa decátaste de que moitos dos perigos que no capitalismo viu Marx no seu tempo e se creían esaxerados son hoxe en día unha realidade, pois é ben certo que o capital domina e condiciona o funcionamento da sociedade moderna, creando de xeito continuo novas necesidades e enrolándonos nunha espiral consumista.

Non ía moi errado Marx cando chegou a comparar o capitalismo co feudalismo ou ca escravitude. Ainda así estes dous fenómenos parecíanlle a Marx mais nobles; pois quen traballaba para o señor feudal era consciente de cando traballaba pra él e cando non; o mesmo sucedía co escravo que era consciente de que traballaba sempre para o seu amo. Na actualidade chegamos a ter a falsa creencia de que sempre traballamos pra nos, cando en realidade adicamos unha parte do noso tempo para o sustento propio e o restante para o capitalista, pois a diferencia do que creemos o capital por si mesmo non pode producir mais capital, senón que é o traballo non pagado o que xenera proveito para o empresario.


lunes, 3 de diciembre de 2007

IMPERIUM

Acabo de ler esta magnifica novela de Robert Harris ambientada na República Romana. En concreto ésta novela narra a historia de Cicerón dende a perspectiva do seu escravo Tiro. Cicerón foi para algúns o mais importante político de Roma, o mais destacado filósofo da República e, por suposto, o mellor avogado da sua era.

Entre as aportacións mais destacables feitas por Cicerón o mundo da política, da filosofía e da avogacía, recollidas neste libro, cabe destacar estas:

  • "O poder proporciona o home numerosos luxos, pero un par de mans limpas é algo que rara vez se encontra entre eles".

  • (Sobre como dar discursos en público) "Non te movas moito, mantén a cabeza erguida, cíñete o asunto en cuestión, fainos rir, fainos chorar e, encanto te ganes a sua simpatía, séntate".

  • "Sólo tres cousas contan na oratoria: a declamación, a declamación e a declamación" (Demóstenes).

  • "Moi ben, vos, pobres idiotas, podedes riros e disfrutar, eu vou porme mans a obra" (tras ser humillado).

  • "A primeira regra da política, Tiro: non olvides nunca unha cara".

  • Fíxose o silencio e Cicerón deixou que medrara... "Un vello truco para aumentar a tensión".

  • "Cando en política te atopas nun canellón sen saida, o que tes que facer e empezar unha pelexa, empezar unha pelexa ainda que non sepas si vas agañala, porque soamente cando a empezaches e todo se puxo en marcha, xurde a esperanza de ver a luz o final do tunel".

  • "A xente prefire que os seus políticos sean tipos grises".

  • "É a perseverancia, non o xenio, o que leva os homes a cima".

  • "Un vello aforismo dos comerciantes de Macello -un dos mercados de Roma- di que o pescado púdrese dende a cabeza ata os pes".

  • "Si un ambiciona o poder, chega un intre en que debe que tomalo".

  • "Os abogados defensores ganan amigos; os acusadores, so inimigos".

  • "Si tes que matar un animal perigoso, e mellor que te asegures de que o conseguiras no primeiro golpe".

  • "A menudo os mellores e mais importantes casos nunca chegan os tribunales".

  • "Ninguén pode pretender saber realmente de política ata que se pasou toda unha noite escribindo o discurso que a de pronunciar o día seguinte".

  • "En política hai poucas forzas mais difíciles de resistir como a sensación de que algo é inevitable; os seres humáns móvense coma rebaños e, o igual que as ovellas, sempre corren hacia a seguiridade que lles proporciona o vencedor".

  • "Querida miña, se me explicas como loitar contra o tempo, estou disposto a loitar con tódalas miñas forzas".

  • "A regra de ouro de un contrainterrogatorio é non formular, nunca, endexamais, unha pregunta cuia resposta o interrogador ignora".

  • "A XENTE ADORA O SOL QUE SAE, NON O QUE SE PON".

  • "Somos conscientes da envidia e o desprecio co que algúns nobres contemplan os méritos e as enerxias dos homus novus, e taén de que basta con que cerremos un intre os ollos para vernos metidos en calquer trampa, de que si deixamos aberto o menor resquicio para a sospeita de unha conducta impropia pagaremos no acto por elo, de que nunca debemos baixar a garda nin permitirnos asueto algún. Temos inimigos, enfrentémolos, temos tareas que acometer, arrimemos o hombro; pero non olvidemos que un inimigo aberto e declarado ¡e menos formidable que unque se oculta e non di nada".

  • "O maior problema de calquer estadista consiste enpermitir que os seus compatriotas sospeiten que pon os intereses dos extranxeiros por encima dos do seu propio pobo".

  • "O que convence é a convicción. Sencillamente tes que creer de verdade no argumento que plantexas, do contrario estás perdido. Non hai razoamente nin argumentación, por moi lóxica ou brillante que sexa, capazde facerche gañar un caso si quen te escoita cree que che falta convicción".

  • "Menuda estupidez. ¿Aburrida a política? ¡A política é a historia viva! ¿Que outra esfera da actividade humana saca o mais noble que hai na alma dos homes e o mesmo tempo o mais baixo? ¿Que outra procura tantas emocións ou expón con maior viveza a nosa forza e debilidade? ¿Aburrida? ¿Acaso a vida é aburrida?.

  • "O camiño hacia a cima da política a menudo obliga os homes a aceptar molestos compañeiros de ruta e situaos ante extrañas paisaxes".

  • "Ignorar canto sucedeu antes do nacemento de un equivale a seguir sendo un neno para sempre, pois ¿Que valor ten a vida humana si non está entretexida coa dos nosos antepasados a través da historia?.

  • "En política un pode facer tantos plans como queira pero o final é a sorte a que decide".

  • "A tarefa de gobernar un Estado non é mais que algo no que ocupar o tempo entre unha votación e outra"

  • "Tende coidado sempre co home que asegura que non persegue o cargo, ese é o mais perigoso de todos".


viernes, 8 de junio de 2007

Maio longo

No mes de maio volveu a darse unha suba no número de visitas nos meus blogs, a pesar de non ter actualizado con moita regularidade -andiven perdido por Xunqueira de Ambía-. Con motivo das eleccións municipais boa parte dos meus blogs, de contido político, aumentaron as suas visitas. A palabra mais buscada durante este mes foi NAFARROA BAI que aparecía nas primeiras posicións da primeira páxina nas búsquedas de Google.

lunes, 30 de abril de 2007

resume do mes de abril

Metido como ando na voráxine electoralista, apenas atopo tempo pra ir actualizando os meus blogs. Agora entendo a eses políticos que con toda a súa boa vontade tratan de abrir unha bitácora pra campaña electoral e logo apenas escriben unha entrada a semana... ca de cousas interesantes que suceden cada día, o problema e que acabas a xornada tan farto non che quedan gañas de contar nada. Eu tiña pensado facer algo igual, por iso crei un blog chamado BLOQQUERS, pero moito me temo que vai a quedar nun mero inteno, iso si, aproveito a tódolos 'bloqueiros' que o desexen a participar nel, de modo que si es do bloque tan so tes que pedirme unha invitación por E-MAIL pra ser membro e escribir ahí todo o que che parezca.

Este estado de 'abandono' pasaxeiro que viven os meus blogs notouse un poco na afluencia de visitantes, que retrocede por primeira vez dende que abrín este españo pra contar como van as cousas na miña particular granxa de blogs. Estes son os datos de abril:

tódolos números día a día

páxinas lidas

visitantes únicos

usuarios de volta

domingo, 1 de abril de 2007

Inesperado

O mes de marzo resultou un mes espectacular. A pesares de reducir o número de publicacións en blog and roll -tan so 8 entradas no mes de marzo-, o meu blog mais visitado, o número de visitantes non para de medrar. Vai resultar certa a teoría de Blogs Farm pola que o mellor método pra atraer visitas e ir medrando de forma gradual é crear unha granxa de blogs. A miña granxa persoal avala a sua teoría. Vexan os números:






Boa parte da culpa desde aumento tenna Que Dimitan Todos !!, un dos blogs que mais medrou durante éste mes. Empeza a ter unha presencia destacable en Google e ademais chegan a él moitos usuarios do blog co mesmo nome - e contidos- en Terra. É sen dúbida o blog do mes.

jueves, 1 de marzo de 2007

resume do mes de febreiro

O mes de febreiro quedóuse pequeno, lástima que non fose ano bisiesto. A pesar de ter tan so 28 días neste més tiven 405 visitantes únicos mais e casi 2.000 páxinas lidas mais, todo iso a pesar de estar bloqueado blog and roll durante uns 8 ou 9 días do buscador de Google. Tiña lido algo acerca destes bloqueos temporais pero nunca sufrira ningún, é a primeira vez. De tódalas visitas que recibo, aproximadamente un 50% acceden a través de Google. Durante ese tempo as porcentaxes de visitantes vía Google nunca superaban un 10%, de ahí o baixón que reflexan os gráficos a metade de mes. Iso sí... depois diso os indicadores disparáronse, sobre todo nos últimos días gracias a un enlace en "el blog de los blogs" que ainda segue a ser un blog de referencia pra todolos usuarios de blogger.