O nacionalismo Galego nos seus programas políticos. O século XX
A Fundación Galiza Sempre recolle neste volume algúns dos principais textos políticos producidos polo nacionalismo falego no século XX. Comeza co Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo, 1918, da que me chama a atención, nada máis comezar a súa lectura, o que di a previa (I Previa):
Tendo a Galicia todal-as características esenciaes da nazonalidade, nós nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verbe rexionalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra doda a intensidade dos nosos problemas.Que cambiou nos derradeiros 90 anos, ou mellor dito, nos derradeiros nove meses, para que quen se presentou, non hai moito, como candidato a presidencia da Xunta de Galicia polo nacionalismo galego, de súpeto, se converta en Presidente do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos? Son tan cativas as aspiracións do novo nacionalismo que xa se permite xogar ós triles coas verbas nacionalismo, rexionalismo e autonomismo?
1 comentario:
coido que non o mercarei...daqui a unha parte gosto de leitura moi moi lixeiras...penso que me fago maior XD SAúdos e apertas
Publicar un comentario