lunes, 30 de marzo de 2009

O neno do pixama a raias


Logo de ler tantas boas críticas deste libro, tantas recomendacións, de velo durante tantas semanas no primeiro posto da lista de vendas,... logo de lelo teño que dicir que me decepcionou. Non dubido que dará para un bon guión de cine e que ateigará os cines de xente, pero literariamente deixa moito que desexar: as descricipcións dos escenarios son parcas e, a veces, repetitivas; o mesmo ocorre cos xestos (négome a crer que un neno de 9 anos reaccione ante situacións sorprendentes diferentes do mesmo xeito). Si tivese que crear unha imaxe mental do lugar no que sucederon os feitos tería serios problemas, pero como ese lugar é de sobra coñecido, grazas a tv, é maís doado, como tamén é doado decatarse de canto se afasta da realidade. O neno que da nome o libro -o do pixama- non aparece ata a metade do libro e, a partir de ahí, encóntranse esporádicamente, enchendo o libro doutras anécdotas que lle suceden na súa nova casa. O final tamén resulta bastante previsible... abofé que fará derramar lágrimas nas salas de cine.

3 comentarios:

An dijo...

Non vin o filme nen lein o libro, pero si que agasallei cinco exemplaares (catro cuñadas e unha irmá)e todas coincidiron en que estaba moi ben...inda con todo nunca gostei de dramas.Saúdos e apertas

xOsedorrio dijo...

É un libro doado de ler e cunha historia triste, das que fan chorar. Non lle vexo moito máis, agás polo feito de tratarse dun neno alemán, fillo dun nazi, e dun neno xudeo nun campo de concentración. Supoño que ahí radica o seu éxito comercial (o lobby semita é poderoso). Estou seguro de que si o autor escollese para os seus personaxes ó fillo dun xeneral israelí e a un neno palestino o libro nunca vería a luz.

Carmen dijo...

No vin a película, pero só decirche que o empecei a leer fai meses, e aínda non o acabei. E eso, para unha eterna lectora coma mín, que non concibo non acabar un libro, e penoso. É un dos dous libros que non podo acabar en dous días, xunto cos Pilares de la Tierra... sinto se te decepciono, pero éste último, para mín, non merece toda a fama que ten, igual que o neno do pixama de raias.
Besiños, Carmen.