Grandes Imperios, Pequenas Nacions
Desta vez non vou ser eu quen extraía do libro "Grandes Imperios, Pequenas Nacións" aquelas frases máis representativas das ideas que trata de transmitir o autor, Josép M. Colomer, porque xa o fixo el a modo de sumario. É posible que eu engadise algunhas ou eliminase otras, maís o autor o que pretende con estas ideas é artellar a columna vertebral sobre a que xira a súa obra e non son eu quen para levarlle a contraria. Aí van:
- O número de países independentes triplicouse en cincuenta anos, de modo que se reduciu o tamaño das nacións.
- O autogoberno dunha comunidade pequena é actualmente posible sen un exercito propio, fronteiras nin aduanas, e dicir, sen ter un estado soberano.
- Son os mercados e os bens públicos de amplia escala provistos por vastos imperios os que fan que unha pequena nación sexa viable.
- Máis de dous tercios da poboación mundial viven nos dez grandes imperios
- Os niveis relativos de persoal armado e de gasto militar no mundo son os máis baixos dende fai séculos.
- Non hai globalización, senón varios eidos de mercado de tamaño imperial.
- A maioría da xente do mundo é plurilingüe.
- Os estados tradicionais ó estilo europeo son demasiado pequenos para a seguridade, o comercio e a comunicación e demasiado grandes para o autogoberno democrático.
- As nacións pequenas son máis democráticas que as grandes; entr os grandes estados, os federais son moito máis democráticos que os centralizados.
- A maior parte de América do norte, Rusia e Asia foron alleas ó modelo westfaliano e europeo de estados soberanos.
- En moitos casos en África, América Latina e a rexión árabe a idea mesma de Estado foise frustrando porque os gobernos non ten monopolio interno nin soberanía extena.
- A dotrina americana de asuntos exteriores postula a democratización como a mellor vía para a paz internacional, pero a democracia non require precisamente estados soberanos.
- A pacificación de Oriente Próximo tería máis éxito co establecemento dunha Unión Árabe que promovera a cooperación económica e de seguridade.
- Estados Unidos é unha especie de Imperio sen imperialistas.
- A Unión Europea é un imperio democrático: expansivo, diverso no territorio e con gobernanza a múltiples niveis.
- Coa integración económica transnacional, aumenta a especialización e as diferencias rexionais.
- O federalismo e a descentralización dos grandes estados europeos non comportan homoseneidade, senon diversificación.
- En Europa e outras áreas impeiais, a diferencia de feito entre a independencia formal e a autonomía das pequenas nacións é unha cuestión de grado.
- España é o caso máis claro de intento fallido na construcción dun gran estado nacional en Europa.
- O estado español xa non é o que era e xa non será o que puido ter sido e non foi.
- O establecemento da democracia en España, en lugar de axudar a construcción dun estado nacional, favoreceu a integración nun gran imperio e o desenrolo das pequenas nacións.
- Catalunya é demasiado pequena pra gobernar España, pero demasiado grande pra desentenderse dela.
- Euskadi, por tamaño, é unha nación viable, pero está dividida internamente en duas comunidades.
- Hoxe a soberanía consiste en ter un lugar na mesa da Unión Europea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario