viernes, 9 de mayo de 2014
domingo, 25 de octubre de 2009
O nacionalismo Galego nos seus programas políticos. O século XX
A Fundación Galiza Sempre recolle neste volume algúns dos principais textos políticos producidos polo nacionalismo falego no século XX. Comeza co Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo, 1918, da que me chama a atención, nada máis comezar a súa lectura, o que di a previa (I Previa):
Tendo a Galicia todal-as características esenciaes da nazonalidade, nós nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verbe rexionalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra doda a intensidade dos nosos problemas.Que cambiou nos derradeiros 90 anos, ou mellor dito, nos derradeiros nove meses, para que quen se presentou, non hai moito, como candidato a presidencia da Xunta de Galicia polo nacionalismo galego, de súpeto, se converta en Presidente do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos? Son tan cativas as aspiracións do novo nacionalismo que xa se permite xogar ós triles coas verbas nacionalismo, rexionalismo e autonomismo?
Publicado por
xOsedorrio
en
17:04
1 comentarios
Etiquetas:
Galiza Sempre,
libros,
nacionalismo,
política
_ PRA COMPARTIR
viernes, 3 de abril de 2009
A crise NINJA
Efectivamente non temos porque coincidir con Fraga no que é ou significa un Estado nin da forma en que facelo funcionar; iso dependería moito da ideoloxía de cada quen. A miña defire moito. No que si coincimos é na necesidade de ter un modelo persoal e colectivo e en que ese modelo ten que ser o mesmo nun ámbito e noutro, para así poder actuar con axilidade e con coherencia fronte os problemas que xurdan. Sobre esta cuestión engade: "é necesario ter un modelo máis global. Ou sexa, ampliar o que temos".
Cando ademáis se trata de influir nunha sociedade, como é o caso dos partidos políticos (algúns; outros parecen que prefiren seren influenciados pola propia sociedade), Leopoldo Abadía fala de que "non so hai que ter un modelo senón que ademáis hai que saber explicalo para que o entendamos todos". Logo de perder as eleccións do 1-M escoitábase a responsables do BNG decir "non soubemos explicar os nosos logros". Explicar que? Os logros? O que non quere unha sociedade e escoitar a políticos que veñen a colgarse medallas, queren políticos que teñen un modelo persoal, para o seu partido e para súa nación, queren políticos que teñen un modelo global, para o mundo, e saben como encaixar a Galiza nese lugar. Non había que explicar logros, só farca falla que en tres anos e medio non fixesen nada, había que explicar o modelo... pero, había modelo?
A miña percepción é que dentro do BNG, mellor dito, entre os que gobernaron o BNG nos últimos tempos, non existe un modelo claro para Galiza, nin un modelo claro para Galiza no mundo e, moito menos, un modelo claro para o propio BNG. E entón, pouco importa que se expliquen ben ou mal, ninguén os vai entender.
O modelo que propopón o autor do libro consta de sete principios fundametais; un deles, traducido en clave galega, ven a dicir que "hai que volver o rego" (para coñecer os outros, mellor ler o libro).
Publicado por
xOsedorrio
en
21:37
1 comentarios
Etiquetas:
libros,
moendo do revés,
política
_ PRA COMPARTIR
lunes, 30 de marzo de 2009
O neno do pixama a raias

Logo de ler tantas boas críticas deste libro, tantas recomendacións, de velo durante tantas semanas no primeiro posto da lista de vendas,... logo de lelo teño que dicir que me decepcionou. Non dubido que dará para un bon guión de cine e que ateigará os cines de xente, pero literariamente deixa moito que desexar: as descricipcións dos escenarios son parcas e, a veces, repetitivas; o mesmo ocorre cos xestos (négome a crer que un neno de 9 anos reaccione ante situacións sorprendentes diferentes do mesmo xeito). Si tivese que crear unha imaxe mental do lugar no que sucederon os feitos tería serios problemas, pero como ese lugar é de sobra coñecido, grazas a tv, é maís doado, como tamén é doado decatarse de canto se afasta da realidade. O neno que da nome o libro -o do pixama- non aparece ata a metade do libro e, a partir de ahí, encóntranse esporádicamente, enchendo o libro doutras anécdotas que lle suceden na súa nova casa. O final tamén resulta bastante previsible... abofé que fará derramar lágrimas nas salas de cine.
domingo, 4 de enero de 2009
Galiza, pequena nación
Para Josep M. Colomer “calquera traballo serio en ciencias sociais debería concretar: definicións e clasificación, cuantificación, hipóteses causais e teoría explicativa”. Tratarei de respectar ó máximo esta clasificación no ensaio que segue.
Os conceptos fundamentais tratados son tres: imperio, estado e nación. Co primeiro termo faise mención á estrutura política de maior tamaño, en territorio e poboación, con ausencia de límites fixos e con tendencia a expandirse, composto por diversos grupos e unidades territoriais, no que coexisten un conxunto de xurisdicións a múltiples niveis, a miúdo superpostas. É habitual confundir ‘imperio’ con réximes autoritarios e non ten porque ser así, poden albergar calquera réxime político, dende o autoritarismo de China á democracia de EEUU. Galiza pertence ó imperio europeo, un mperio en construcción.
As características que definen a un estado son o seu tamaño, menor que o do imperio, sendo normalmente grande ou mediano, o seu territorio é fixo e as súas fronteiras son formais, é soberano e monopoliza a xurisdición no seu territorio, independentemente do réxime político do que goce. Os estados tenden a homoxeneizar a administración e as características sociais e culturais do pobo. España é o estado ó que pertence Galiza, iso sí, un estado moderno, non soberano.
A nación é a forma de goberno máis pequena que estudaremos neste libro, ten altos grados de homoxeneidade étnica, definida polas características raciais, lingüísticas e relixiosas dos seus membros e sole adoptar formas de goberno simples e suaves, basadas na facilidade para configurar unha maioría social. A miúdo a nación confúndese co estado, co que coincide, pero non sempre é así. No mesmo estado poden confluír varias nacións, como sucede en España, ou varios estados poden dar lugar a unha soa nación, o exemplo máis notable é EEUU (varios estados, una nación e un imperio).
EEUU é na actualidade o imperio dominante no mundo, polo seu poderío económico e, sobre todo, militar. Sen embargo, outros imperios estanse desenrolando a un ritmo máis acelerado, ata o punto que xa se prevé que poidan igualalo -ou superalo- nun futuro próximo.
Os imperios que ameazan o seu dominio son China e Europa, pero tamén India, Brasil ou Rusia están experimentando notables avances. O autor tamén destaca la idoneidade da creación dun imperio en Oriente Próximo ou en África para rebaixar as tensións bélicas de ambas zonas. Sen embargo, estados, no mundo hai preto de 200. A súa tendencia foi a alza nas derradeiras décadas froito da segregación pacífica ou militar doutros estados, dando lugar a estados cada vez más pequenos. O maior aumento produciuse pola descolonialización, polo colapso da URSS e polas tensións políticas dos Balcáns.
O incremento de estados e o seu reducido tamaño obriga estes a unirse a outros para afrontar problemas comúns: de seguridade, económicos, estruturais e/ou políticos. A maior parte dos estados serían inviables fora das grandes redes de tamaño imperial. Isto sucede con multitude de estados resultado da descolonización que foro incapaces, por si sos de prover ós seus cidadáns dunha estrutura administrativa, de seguridade, alimentos, etc. Son os denominados estados fallados.
En Europa púidose por fin ás grandes guerras grazas á creación dunha zona económica común que posteriormente foi aumentando as súas competencias noutras áreas como o medioambiente, a cooperación policial e xudicial, política exterior, educación, cultura,… As alianzas militares permiten reducir o gasto dos estados en exércitos, a especialización dos mercados permite aumentar a produción, a promoción dunha lingua franca, o inglés, axuda a mellorar o entendemento entre diferentes culturas,… Pero a máis importante característica da creación do imperio europeo é a estabilización das democracias e o estado de benestar en todos os países membros.
O autor fai tamén referencia a dous casos particulares, o de Catalunya e o de Euskadi. Sobre Euskalerría di que é unha comunidade demasiado pequena para poder ser decisiva no Estado español, dahí a vontade independentista dunha importante parte da poboación. Tamén fai referencia á división étnica da sociedade vasca, froito das migracións sociais previas á democracia, o que supuxo un freo importante no proxecto para a libre determinación de Euskadi.
Catalunya, por poboación, a diferenza de Euskadi, si é determinante na gobernabilidade do Estado español, por iso se sente máis cómoda; sen embargo, sempre buscou máis autogoberno. Tal vez o imperio europeo sexa o marco no que se cumpran as súas expectativas.
Coincido co autor en que o mundo avanza cara unha era na que o estado irá perdendo influencia política a favor das nacións respecto ós cidadáns. Isto sucede por dous motivos: o primeiro, a descentralización política dos estados a favor de entes menores que poden adoptar multitude de formas -comunidades autónomas, provincias e concellos, no estado ó que pertencemos, ou cantón, lander, provincia,… noutros estados-. En España, na descentralización do Estado, tiveron gran importancia os nacionalismos, principais demandantes de novas transferencias. Logo, as iniciativas xurdidas dos partidos nacionalistas, vascos e cataláns, principalmente, sumáronse posteriormente outras comunidades autónomas que acabaron comprendendo que a xestión é moito máis eficiente canto máis preto están os órganos decisorios da cidadanía. Amais, o seren unidades máis pequenas as novas formas de goberno, propiciarán democracias máis participativas, nas que o cidadán e os novos movementos sociais, grazas ó desenrolo das novas tecnoloxías da información e do coñecemento, irán gañando protagonismo nas decisións colectivas. Coincidimos en que a tendencia da estrutura política do futuro estará dominada por grandes imperios e pequenas nacións, sen embargo, non se fai mención á forma na que pequenas nacións como Catalunya, Euskadi ou Galiza poderían pasar a formar parte directa dese gran imperio sen a intermediación do Estado español.
Josep M. Colomer tamén fai unha pequena referencia sobre o sistema electoral actual e o castigo ó que este somete ás pequenas formacións políticas, formacións que poderían xogar un papel importante na política do Estado de non establecerse un sistema que premie en exceso ó partido máis votado en cada circunscrición, independentemente de que sexa nacionalista ou non, sento este sistema especialmente inxusto nas circunscricións pequenas.
É por isto polo que o autor fala de baixa calidade democrática, porque este sistema provocou a desaparición de moitos pequenos partidos no pasado, que poderían ser decisivos no seu momento cun sistema máis xusto, pero moito máis no futuro. A elección deste sistema non foi casual, crían os que o adoptaron que con el se beneficiaría a dereita do país, despois dunha ditadura de dereitas que durou corenta anos, chegaron a pensar, non hai dúbida, que a xente non aceptaría outra opción distinta. Non foi así. Posteriormente, o partido que ocuparía o poder nunca cambiaría ese sistema, porque lle beneficia; aínda así, foi posible a alternancia no poder.
O autor defende a política unilateral de EEUU en referencia á guerra de Irak ó defender que se deben establecer democracias pola forza para aumentar a seguridade no mundo baixo a premisa de que xamais un estado democrático iniciara una guerra. Este razoamento é un tanto incoherente en canto que, EEUU, como estado democrático, si iniciou guerras de xeito unilateral, entre elas a de Irak. O máis probable é que esa guerra sexa froito dos movementos expansivos do imperio americano que non da democracia de EEUU. Son os perigos dun imperio, fenómeno que tampouco foi analizado neste libro.
Tamén fai referencia ó concepto de soberanía, ó parecer un concepto en constante revisión. Si entendíamos, nun principio, por soberanía a autoridade suprema que un estado ten sobre un territorio e unha poboación, e consideramos esta característica como algo propio dun estado, é evidente que no mundo actual poucos estados poderían denominarse así. A cesión de competencias que moitos estados, entre eles España, fixeron a favor de entes superiores, xa sexa en materia militar, económica e incluso política, fixeron que estes estados perderan parte da sua soberanía e, polo tanto, deberían deixar de ser denominados como tales. A reformulación deste concepto, coa que non concordo, chega a dicir que soberanía é o dereito que ten un estado para unirse a unha entidade imperial. A solución máis factible e coherente sería a facer uso de conceptos diferenciados: estados soberanos e estados non soberanos.
UN EXEMPLO ACTUAL
Recentemente Groenlandia, unha rexión de Dinamarca, aprobou un novo estatuto que lle da máis poder de autogoberno e que supón un paso moi importante cara á autodeterminación. Esta rexión ten unha extensión moi importante e unha poboación moi pequena -pouco máis de 50.000 persoas- pola hostilidade do clima. Este podería tratarse dun claro exemplo de nación pequena que necesita un imperio para sobrevivir. Ata agora Dinamarca foi a gran provedora de estruturas, administración, servizos sociais, etc. pero co descubrimento de importantes xacementos petrolíferos que co desxeo serán doadamente accesibles, Groenlandia pode ser máis que autosuficiente. O problema que se lle aveciña, no suposto de independizarse de Dinamarca, é a loita que, dende outros países, se pode desatar para a explotación deses recursos naturais, da que non poderá defenderse por si soa. Groenlandia estaría nunha posición na que podería prover as necesidades de todos os seus cidadáns, todas menos unha, a súa seguridade. Para poder facelo necesitaría formar parte dun imperio –actualmente xa forma parte do europeo a través de Dinamarca-.
GALIZA, PEQUENA NACIÓN
Nunha situación semellante podería atoparse Galiza nun futuro máis ou menos próximo. Na actualidade Galiza tamén se atopa ligada ó imperio europeo pola súa pertenza o estado español e de seguir as tendencias políticas actuais de cesión de competencias a entidades superiores -Europa- e inferiores –as rexións- aqueles territorios cunha forte identidade recoñecida, interna e externamente, poderían pasar a formar parte directa deses imperios sen a necesidade de intermediación dun estado. O que si non tería moito sentido, dada a configuración política do mundo actual, sería perseguir a creación en Galiza dun estado-nación, totalmente soberano e desvinculado a organizacións superiores, xa sexan de carácter político, militar ou económico. Para garantir estabilidade económica é preciso ter unha moeda forte e pertencer a un mercado amplo e aberto; para garantir a seguridade, será necesario formar parte dunha alianza militar, pois para Galiza é imposible afrontar o custo dun exercito que manteña afastados as forzas dos grandes imperios -americano, europeo, ruso, chino,...- dos seu recursos naturais terrestres e mariños.
Na actualidade, e máis no futuro, é imposible a supervivencia dun estado, no sentido clásico do termo, provedor de tódolos servizos -infraestruturas, estrutura administrativa, seguridade, comercio, alimento, enerxía, etc. - os cidadáns sen a cooperación supraestatal dun imperio.
Publicado por
xOsedorrio
en
17:26
0
comentarios
Etiquetas:
ensaio,
libros,
política,
xOsse dorrío
_ PRA COMPARTIR
jueves, 6 de noviembre de 2008
Grandes Imperios, Pequenas Nacions
- O número de países independentes triplicouse en cincuenta anos, de modo que se reduciu o tamaño das nacións.
- O autogoberno dunha comunidade pequena é actualmente posible sen un exercito propio, fronteiras nin aduanas, e dicir, sen ter un estado soberano.
- Son os mercados e os bens públicos de amplia escala provistos por vastos imperios os que fan que unha pequena nación sexa viable.
- Máis de dous tercios da poboación mundial viven nos dez grandes imperios
- Os niveis relativos de persoal armado e de gasto militar no mundo son os máis baixos dende fai séculos.
- Non hai globalización, senón varios eidos de mercado de tamaño imperial.
- A maioría da xente do mundo é plurilingüe.
- Os estados tradicionais ó estilo europeo son demasiado pequenos para a seguridade, o comercio e a comunicación e demasiado grandes para o autogoberno democrático.
- As nacións pequenas son máis democráticas que as grandes; entr os grandes estados, os federais son moito máis democráticos que os centralizados.
- A maior parte de América do norte, Rusia e Asia foron alleas ó modelo westfaliano e europeo de estados soberanos.
- En moitos casos en África, América Latina e a rexión árabe a idea mesma de Estado foise frustrando porque os gobernos non ten monopolio interno nin soberanía extena.
- A dotrina americana de asuntos exteriores postula a democratización como a mellor vía para a paz internacional, pero a democracia non require precisamente estados soberanos.
- A pacificación de Oriente Próximo tería máis éxito co establecemento dunha Unión Árabe que promovera a cooperación económica e de seguridade.
- Estados Unidos é unha especie de Imperio sen imperialistas.
- A Unión Europea é un imperio democrático: expansivo, diverso no territorio e con gobernanza a múltiples niveis.
- Coa integración económica transnacional, aumenta a especialización e as diferencias rexionais.
- O federalismo e a descentralización dos grandes estados europeos non comportan homoseneidade, senon diversificación.
- En Europa e outras áreas impeiais, a diferencia de feito entre a independencia formal e a autonomía das pequenas nacións é unha cuestión de grado.
- España é o caso máis claro de intento fallido na construcción dun gran estado nacional en Europa.
- O estado español xa non é o que era e xa non será o que puido ter sido e non foi.
- O establecemento da democracia en España, en lugar de axudar a construcción dun estado nacional, favoreceu a integración nun gran imperio e o desenrolo das pequenas nacións.
- Catalunya é demasiado pequena pra gobernar España, pero demasiado grande pra desentenderse dela.
- Euskadi, por tamaño, é unha nación viable, pero está dividida internamente en duas comunidades.
- Hoxe a soberanía consiste en ter un lugar na mesa da Unión Europea.
jueves, 23 de octubre de 2008
LEO, LEO,..
Entre a económía e a política -podería ser economía-política- está "Europa: O continente pensado" de Camilo Nogueira onde o autor debulla a construcción Europea e sinala os retos políticos que lle agardan. No apartado de política interésame especialmente a nova ola participatica que está a mudar a forma de facer política nos concellos. Trátase dun novo salto nas liberdades do cidadán, a última revolucuión política: os presupostos participativos. Para entender mellor o funcionamento deste fenómeno merquei o libro de Boaventura Sousa Santos, "Democracia e participación: o exemplo do presuposto participativo de Porto Alegre", cidade na que comenzou a aplicarse este sistema polo Alcalde do Partido dos Traballadores, Tarzo Genro, aló polo ano 1989. Pendente de iniciar a súa lectura, e iso que é o que me corre máis presa, para poder presentar un ensaio crítico en decembro, é "Grandes imperios, pequenas nacións" de Josep M. Colomer. Terei que aparcalos todos para poder acabalo a tempo.
Otro libro que estou lendo, este relacionado coa psicoloxía, é "Intelixencia Emocional" de Daniel Goleman, un ensaio sobre como o coeficiente emocional influe no devir de cada individuo por encima do coeficiente intelectual. Recentemente, para un debate sobre psicoloxía social, tiven que ler varios ensaios, artigos e un relato. Ese relato é "Só viñen a chamar por teléfono", de Gabriel García Márquez. Tratábase de dilucidar a fronterira entre o que a sociedade considera "normal" ou "fora do normal". Por suposto, recomendo seguir a ligazón e ler o relato.
Publicado por
xOsedorrio
en
13:53
2
comentarios
Etiquetas:
Camilo Nogueira,
libros,
varios
_ PRA COMPARTIR
martes, 16 de septiembre de 2008
GALIZA NA UNIÓN. A PORTA ATLÁNTICA
Galiza na Unión. A Porta Atántica
Camilo Nogueira
Outras ensinanzas do autor:
- A consciencia de Galiza como nación europea estaba nos galegistas do tempo da emerxencia das nacións de mediados do século XIX e no rexurdimento galegista de entre dous séculos, formando parte tamén do pensamento e da acción das irmandades da fala e do Partido Galegista da primeira metade do Século XX.
- Manuel Murguía fundamentou as aspiracións nacionais de Galiza no carácter céltico que a relacionaba cos países atlánticos de Europa, e no pasado suevo, considerando a etnia e a cultura como base da nación (...), coidando que a Patria é antes que nada a consciencia de Patria (...) e expresando o dereito de cada nación de dispor libremente do seu destino.
- Instaurar a paz e a liberdade, permanentes na humanidade, (é un) ideal que endexamais se poderá realizar, mentras uns povos vivan de asoballar a outros, Castelao dixit.
- De acordo con Otero (Ramón Otero Pedrayo) o galegismo participaba dunha idea na que a liberdade dos galegos coincidiría coa "liberación de Galicia en ben de Europa" e tamén do mundo.
- O lider nacionalista galego (en referencia a Castelao) aseguraba que "os farautes do Federalismo europeo aínda non son auténticos federalistas, porque para selo sería preciso que pensaran máis nas nacións e menos nos estados".
- Mal amariamos a humanidade se non comezamos amando a nosa Patria.
- Se Galiza fose un Estado tería sido considerada a súa situación socio-económica específica.
- En tanto que institucións de governo doutras CCAA movían as súas pezas para situárense cun poder propio tanto político como económico no tempo do esvaemento das fronteiras europeas, a Xunta careceu de toda iniciativa que non fora de esperar favores que non chegarían e que de chegaren faríano en forma de cativas esmolas.
- Entre tanto Irlanda era un sitio distinto. Un Estado de dimensión semellante a Galiza, contando en 1988 cunha renda por habitante non moi diferente (...), pasou a ser o de maior renda relativa (...) só superado por Luxemburgo. (...) O crecemento irlandés foi o resultado da plena utilización como estado dos Fondos Estruturais e de Cohesión procedentes da UE ao servizo dun proxecto nacional no desenvolvemento industrial, a educación e a investigación, algo que en Galiza non existiu.
- Non faltou quen, desde o governo galego, daquela do mesmo signo político que o de Madrid, defendera a política de mobilidade co argumento impertinente da liberdade individual dos traballadores galegos.
- Para Xavier Vence a política de administrar rutineiramente os recursos limitándose a esparexelos entre a miríade de intereses cativos ou a facer obras de dubidosa rendabilidade social impediu tratar os problemas estratéxicos do país.
- A actitude autista do governo galego reproduciríasse no tocante a industria de transformación do leite. Nen apoiou seriamente a criazón dun grupo lácteo galego, nen promoveu a instalación en Galiza das empresas que se nutrían no país (respecto a isto hai que dicir que non temos mellorado moito nestes últimos anos)
- Non se pode obviar que a consolidaión e expansión dos cultivos mariños en Galiza estarán especial e crecentemente ligadas a necesidade de solucionar os problemas medioambientais que poidan causar.
- Estando presente na Unión Europea, e fronte á ideoloxía do Estado español, Galiza pode expresar mellor o seu caracter de nación e a realidade internacinal, diferencial e independente do mesmo. Pode manifestar mellor a identidade lingüística que a singulariza, para alén do Estado español (...). Dentro da Unión é posibel unha nova pedagoxía sobre Galiza como nación emancipada e sen fronteiras.
- Os Estados están máis dispostos a transferiren competencias de soberanía á UE que a darlle carta de natureza as nacións internas.
- As posibilidades do traballo en común poden resultar especialmente acrecentadas se as duas nacións (Portugal e Galiza) se recoñecen como un territorio lingüístico e cultural común, que singularice e diferencie os seus caracteres.
- Empresarios galegos teñen paradoxalmente a tentación de relacionarénse cos portugueses en castelán, e portugueses, suxeitos tamén a un prexuicio histórico a respecto de Galiza e de España, a aceptaren como norma tan inculta anomalía.
- Cada lingua contén, articula e transmite non só unha carga única de memoria vivida, tamén unha enerxía construtora de tempos futuros, unha potencialidade para o mañá. A morte dunha lingua é irreparabel e diminue as posibilidades do home, sendo inadmisibel e contraria ao xenio de Europa que está vencellado a diversidade lingüística, cultural e social. George Steiner.
- A conveniencia dun prudente e se se quere demorado, mais inequívoco, cambio de rumbo sobre a lingua, non ten que ver só coa normalización do seu uso, senón tamén coa conservación e mellora da súa calidade.
- Non está de máis imaxinar o que proporían hoxe, sabendo o que firmaron e estando en circunstancias infinitamente máis favorabeis que as que lles tocaron vivir, precursores como Sarmiento, Murguía e Castelao.
Publicado por
xOsedorrio
en
20:53
0
comentarios
Etiquetas:
Camilo Nogueira,
Galiza na Unión
_ PRA COMPARTIR
lunes, 8 de septiembre de 2008
POR UNHA GALIZA LIBERADA E NOVOS ENSAIOS
Por unha Galiza Liberada
Xosé Manuel Beiras
- As mágoas de Galiza non proveñen da desunión dos galegos, senón "da cega subordinación ó poder central, da falla das liberdades locais e da explotación das forzas productoras rexionais polos parásitos da burocracia parlamentaria".
- Casta dos Celtas ¡esperta axiña! ¿Érguete do fango da Escravitú!: así empeza o coñecido poema de Brañas que leva por título o lema da sublebación irmandiña Deus Fratesque Gallaecia.
- Eu, persoalmente e polo que me acae, non tento apropiarme ren: analizo valoro e escolmo (...) Ainda non conseguimos nin a sombra do que os devanceiros arelaran.
- A inocencia dos xustos, a pureza dos bos e xenerosos e a determinación dos ousados que cumprían para ser, nas ideas e na conduta, nacionalista galego cerne na circunstancia de Bóveda e máis tamén despois. (...) As mulleres e os homes galegos, un pobo e áis unha cultura no rego da historia.
- E dille Antigona a Creón en Sófocles, ante a presenza amedoñada do Coro: "Todos estes dirían que o que fixen é do seu agrado, se o medo non lles pexara a lingua. Mais os tiranos teñen esta e moitas outras ventaxas, e élles permitido faceren e diciren canto queiran".
- ¡Que tempos, que até os obreiros len o periódico!, e que o Bóveda comentaba: "Alí comezou a miña vida política".
- Adóitase con demasiada frecuencia e en demasiados ambientes caer en simplismos só explicábeis por ignorancia, esquematismo mental ou inmadurez (...) A min os simplismos danme risa ou lástima, segundo os casos...
- Razón tiña unha vez máis Castelao en afirmar que Galiza non encaixaba nin tiña lugar de seu na lei xeral do Estado español. (...) "¡Pois deixádenos valer polos nosos medios, largade o adival co que nos tendes amarrado ao voso carro!"
- As últimas palabras escribiunas deica hoxe -en referencia a Bóveda-, con debuxo e pé de Castelao: "A derradeira lección do mestre"; "Non enterran cadáveres, enterran semente". Non as esquezades, non as traizoedes. Non o esquezamos, non o traizoemos.
- Os labregos ven o Estado en figura de recadador de contribucións. Témenlle á xustiza oficial, porque nunca se lexislou para eles. Por eso necesitan un cacique que os liberte das inxustizas da lei e das liortas abogadescas...
- "A vaca galega ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid" - ironiza Castelao.
- Preocupoume sempre un algo a indefensión dos mortos. (...) Fanme lembrar aquilo que Castelao puña dunha personaxe mendiño da sua creación: "Os pobres andamos polo mundo expostos a todo".
- Na obra de Marx, a economía é unha ciencia social, unha explicación teórica da sociedade a partir dunha caste de relacións sociais, as relacións económicas, as relacións que se establecen entre os homes por mor dunha producción de bens materiais para a cobertura de necesidades.
- ... constitúe un plantexamento revolucionario marxiano: "O modo de producción da vida material condiciona o proceso da vida social, política e intelectual en xeral. Non é conciencia dos homes a que determina a realidade; pola contra, a realidade social é a que determina a súa conciencia".
- A economía política identificase como a ciencia social burguesa -sen connotaión pexorativa- e a angueira marxiana estriba primeiro en elaborar a crítica desa ciencia.
- O capitlaismo crea mercados ainda que destrua estruturas produtivas preexistentes e simplifique a división do traballo. (...) Os mercados dos produtos minerais estratéxicos para o desenrolo industrial contemporáneo (...) en Galiza: suscitan a expoliación perpetuada baixo formas anovadas.
- A uns para que o aprendan, a outros, por se o esqueceron, e máis sobre todo a eses compatriotas, para que saiban que o son, cantareilles; En pé os escravos da terra. Axuntémonos todos: e a loita final.
- A principal mensaxe da General Theory consistía en que o pleno emprego só podía conseguirse a condición de que o goberno estivera para intervir -se cadra drástica e continueamente- no libre funcionamento da economía.
- A realidade que nos arrodea é unha proba rotunda. Quéirase ou non, guste ou non guste, Galiza é unha poderosa realidade colectiva que, ainda a risco da súa aniquilación impón hoxe por hoxe a súa rexa lei: a lei dos feitos evidentes. A súa dimensión económica é indisiozabel das súas dimensións xeográfica, social, cultural ou política. Aínda máis: Galiza é un feito económico singular e peculiar porque, e mesmamente porque, é ao propio tempo un feito antropolóxico, un feito social, un feito cultural, un feito político. Galiza é unha estrutura global, unha totalidade estruturada de rango superior. Ningún dos seus elementos ten sentido pleno sen referencia estrita nas súas interralacións cos demais do seo do conxunto, desa totalidade co seu propio sistema de transformacións, coa súa propia dinámica social, co seu propio talante colectivo. Ignorar isto sería unha necidade. Ocultalo sería un fraude. Proclamalo e operar de costas el é unha hiprocresía.
- Subdesenrolo, persistencia de modos precapitalistas de produción artelladas co capitalista dominante, e colonialismo interno, son, xa que logo, ao meu ver, marcos categorías e teóricos referenciais necesarios, máis ca simplemente acaídos, para apreixarmos a problemática estrutural da economía galega no seu pleno alcanzo (...) Mais Galiza non é en rigor unha formación dependente, senón unha economía sometida e espoliada e máis unha nación asoballada aínda hoxe.
- Non soamente fomos capaces de impedir o éxodo, senón que tampouco fomos capaces de crear o mínimo de condicións axeitadas para que a ausencia dos emigrados fora un fenómeno transitorio e que a súa volta se trocara nun feliz acontecemento.
- Socialicemos os recursos enerxéticos e nacionalicemos a súa extracción, producción e distribución.
- A condición de colonia supón unha opresión combinada nos planos económico, cultural e político, unha situación que se consuma ao traveso, conxuntamente, das esferas económica, xurídico-política e ideolóxica.
- Se a economía galega vai a ser unha plataforma de implantancións industriais que non responden a lóxica do noso desenrolo interno eas súas existencias, senón á lóxica e ás esixencias do desenrolo exterior, non é nada probabel que o problema emigratorio se resolva nin siquiera se aminore.
- E insisto: o modelo de indistrialización que temos a vista é o que conduciu a civilización industrial vixente; non é por forza o que terá vixencia no futuro.
- Ningunha clase explotada se redime nunha votación, ningún pobo asoballado se autodetermina nun plebiscito.
- Ningunha soberbia do "saber" conduce a ningures: pola contra, paraliza e mirra, converte en dogma calquera teoría en apoloxética calquera discurso argumental.
- Está comprobado que os labregos, obreiros, mariñeiros e tododiós entenden cando se lles explica con sinxeleza, ainda a aqueles que despois de comprendéreno e vibraren coa vivencia da íntima liberdade florecida van e votan ao cabo o que lles mandan. O Avilés díxollelo por adiantado dun xeito ben fermoso e lúcido: "Non teremos o voso voto, mais ainda así, seguiremos a ser a vosa única voz".
- Ramonet di verdades tan atroces, por veces, que se eu as dixera no parlamento de Galiza correríanme a paos (...) "Nos seus esquemas o poder político non é máis que o terceiro poder, pordiante atópase o poder económico e o poder mediático, e en canto se posúen estes, facerse co poder político non é máis que un simple trámite".
- Cando alguen me di: "no é que eu son internacionalista", está utilizando un termo que se compón dun prefixo que é inter e despois nacionalista, e se non existise o termo nación xa me pode vostede explicar que podería significar internacional.
- Derrúbase un mundo sen que as xentes o decidan, emerxe outro mundo sen que as xentes o discutan.
- Algunhas veces dáme a impresión de que miro para os lados, traballando na política, e digo: ¿onde está a sociedade civil? E non a vexo reaccionar. Máis dunha vez eu lánzome, avanzo, políticamente xógome moitas cousas, pensando que iso que chaman a sociedade civil o está reclamando, pero cando miro ao redor digo ¿onde esá?
- É caricatura, ben sei. Mais, coas caricaturas, a cuestión non estriba en se teñen a fidelidade icónica dos retratos realistas, senón en se un recoñece nelas ao personaxe.
- Se o saber e o poder político conforman un binomio, se universidade galega e institucións de autogoberno entran en ecuación, o ricaz potencial que acobillan a natureza, os seres humáns e as estruturas socioeconómicas do noso país poderá verquerse en diseños sistemáticos sustentabeis, haberá espranza para a nosa nación e abriránse as portas para que Galiza poda sobardar a longa era da súa prehistoria e entrar na propia historia de vez.
- O nacionalismo galegista é primeiro de todo unha cultura cívica de xenerosidade, unha cultura democrática de fraternidade, unha cultura política emancipadora. Ousarei dicilo: unha subxacente cultura libertaria.
- O intelectual móvese por valores, o político móvese pola ambición. Entendédeme: rifírome á honorábel ambición de facer posíbel o que é necesario para o benestar dos cidadáns. (...) Despois, este obxectivo instrumental, na práctica, tende a sufrir unha singular metamorfose: converterse nun fin en si mesmo. Daquela fica aberto o risco dun frecuente proceso dexenerativo: a honorábel ambición transfórmase en cobiza do poder.
- Na tradición do nacionalismo galego, tanto na súa historia como até na sua prehistoria, o valor da fraternidade impregna o principio e a vivencia galeguista da irmandade, mesmamente.
Actualización a 10 de outubro de 2008:
Xosé Manuel Beiras apresentou o pasado 9 de Outubro a redición de “Por unha Galiza Liberada” na libraría Couceiro de Santiago. Acompañárono Miguel Anxo Fernán Vello, responsábel editorial de Espiral Maior e o economista Xabier Vence, que destacaron a vixencia dos conteúdos nesta etapa de crise do modelo capitalista neoliberal, así como a necesidade de manter as teses soberanistas cara à emancipación nacional (ver video).
Publicado por
xOsedorrio
en
14:58
0
comentarios
Etiquetas:
Galiza liberada,
Xosé Manuel Beiras
_ PRA COMPARTIR
sábado, 26 de julio de 2008
Os Grouchos
Ler Os Grouchos é coma embarcar hacia unha viaxe no tempo, unha viaxe na que se mira de esguello, unhas veces, e de frente, noutras, a realidade nacional galega, a política, a cultura, a natureza, as tradicións (sobre todo o arraigo de malas costumes e a perda das boas),... unha realidade que trata de rebuscar no pasado valores perdidos ó mesmo tempo que albisca un futuro de esperanza.Iso si, ten Manuel Rivas unha teima co "país portátil" que non comparto. Di Rivas que o pobo de Israel é un "país portatil" porque alí onde está un xudeo coa sua tora está o seu país. É discutibel. Mais hai unha clara diferencia: Israel é un pobo sen terra (a ocupada non conta, pra min) e Galiza e un pobo con terra. É máis. É un pobo totalmente arraigado a sua terra. Ben sei o que quere decir, que levemos a nosa cultura alá onde vaíamos,... mais non podemos levar o noso país, a terra. Galiza sen terra non é país.
Si estou dacordo coa sua visión sobre o bipartito, un mal necesario. Mal porque nos están decepcionando a todos, a socialistas e a nacionalistas; necesario porque a sociedade galega necesitaba poñer fin a un periodo que, ainda que positivo para Galiza, nos últimos tempos afundíase entre as sombras do Prestige... e do caciquismo. Fala Rivas de Estado de Malestar, de contentamento descontente. Esta situación dase porque o bipartito gasta tódalas suas forzas non en gobernar, en "ver" quen dos dous, socialistas e nacionalistas, fai máis pola cidadanía galega, senón en "facer ver" a cidadanía quen é o que máis fai; esquecéndose, moitas veces, de facer algo. É de lamentar. Gástase máis en publicidade que en obras. É o prezo da imaxe, da foto en portada, a diferencia entre a cor e o branco e negro nun xornal. Segundo o que se invirta nos medios de comunicación privados -nos públicos, por certo, so se nota o cambio en que agora os que manipulan son outros- vaise ter máis ou menos espazo... e a máis espazo máis votos. É a diferencia entre ser visibel ou invisibel nunha sociedade marcada pola imaxe. Claro que aquí Manuel Rivas non pode entrar... está a soldo de El País. Fai ben.
Pódense atopar outros moitos artigos, interesantes todos eles, sobre a Cidade da Cultura, a Feira internacional do Libro en La Habana (vaía polémica máis absurda se levantou por isto), a lingua ou o bilingüismo, así como o público recoñecemento a galegos ilustres do pasado e presente da nosa cultura. Ademáis Os Grouchos fai unha gran aportación de citas célebres e non tan célebres de grandes autores da cultura mundial... e todo isto misturado con moita retranca.
Publicado por
xOsedorrio
en
8:37
0
comentarios
Etiquetas:
libros,
Manuel O´Rivas,
Os Grouchos
_ PRA COMPARTIR
domingo, 8 de junio de 2008
o señor dos aneis
- O traballo que nunca se empeza é o que máis tarda en rematarse.
- Non estou enteiramente o lado de ninguén porque ninguén está enteiramente do meu lado.
- Non desprecies as tradicións antigas: ocorre a miudo que os vellos gardan na sua memoria cousas que os sabios doutro tempo necesitan saber.
- De certas empresas pode dicirse que é mellor emprendelas que rexeitalas ainda que o fin se anuncie sombrío (esta frase lémbrame moito a unha de Imperium).
- O dano do mal acostuma a volverse contra o propio mal.
- Moitos dos que viven merecen morrer e algúns dos que morren merecen a vida. Podes devolver a vida? Logo non te apresures en outorgar a morte, pois nin o mais sabio coñece o fin de tódolos camiños.
- Si non hai máis que un camiño terei que tomalo.
- Máis vale desconfiar de verbas inmerecidas que de verbas irreflexivas.
- As palabras fermosas esconden a veces un corazón infame.
- Si a cabeza non é a mellor parte do teu corpo, confía sempre no teu corazón.
Publicado por
xOsedorrio
en
20:24
1 comentarios
Etiquetas:
JRR Tolkien,
libros,
o señor dos aneis
_ PRA COMPARTIR
domingo, 18 de mayo de 2008
Os xenios invisibles da cidade
Fai tempo, moito tempo, lera este libro e últimamente volvín a él para comparar a situación política actual de certos líderes políticos -que non vou citar- con aqueles casos tratados en "O Poder" por Guglielmo Ferrero.Para empezar vou explicar brevemente e dun xeito un tanto subxectivo o que son os xenios invisibles da cidade. Para G. Ferrero o poder e unha das cualidades que diferencian a uns homes de outros que mais necesitan ser xustificadas. Cando alguén nos da unha orde, consciente ou insconscientemente, sempre nos preguntamos porque deberíamos aceptala. Esa pregunta ten que atopar irremediablemente unha resposta que sea xusta e razoable, pois si non é así non obedeceremos; e para que exista un pretexto xusto e razoable será necesario que se cumplan os principios de lexitimidade. Os principios de lexitimidade admitidos pacíficamente na actualidade son o principio electivo e o principio democrático. Noutras etapas históricas os pincipios de lexitimidade dominantes eran o principio hereditaro e o principio aristo-monárquico, principios que ainda hoxe en día perviven tanto nas decisións internas de algúns partidos como na organización de certos estados; sin ir mais lonxe, o xefe de estado do estado Español é un cargo vitalicio e hereditario. Esa situación orixina un conflicto en boa parte dos cidadáns porque non nos parece nin xusto, nin razoable, que unha persoa polo mero feito de nacer nunha familia ou outra obstente un cargo no poder ou sexa un simple súbdito.
Cando ten lugar unha situación semellante o Maligno inquétase, remóvese nos seus soños e reclama o seu protagonismo. Pero ¿Que é o Maligno? O Maligno é, según Guglielmo Ferrero, "un espítitu revolucionario, o espíritu da revolta contra a lei, do odio e o desprecio contra a legalidade que se amoucha no mais fondo dos corazóns humáns". Guglielmo Ferrero lanza unha seria advertencia, que debería ser tida en conta polos líderes políticos actuais, ó engadir: "no momento en que os homes persuadidos polo Maligno se atrevan a violar un principio de lexitimidade, automáticamente caerán presos do mais espantoso dos medos, do mais increible dos horrores e do mais pavoroso dos terrores,... medo, horror e terror desatados pola aparente trivial osadía de decidir romper unha regra case relixiosa".
Ben!! Agora sabemos que detrás desas facianas enchidas de confianza que amosan os nosos líderes se agochan, en moitos casos, en moitos mais dos que creemos, o medo a perda do poder, o horror que lle produce a mais mínima oposición, o espanto da perda de confianza, o pavor de non poder impor a sua autoridade,...
viernes, 22 de febrero de 2008
Un mundo sin fin
Quen leu "Os Pilares da Terra" a bo seguro que non se quedou -ou quedará- sen ler "Un Mundo sin Fin". A trama desta segunda parte empeza 200 anos despois de rematar a da primeira e os seus protagonistas son os descendentes daqueles e transcorre na mesma localidade, Kingsbridge, que agora e toda unha cidade de 7.000 habitantes.Na primeira parte Ken Follet pérdese en grandes descripcións das artes e oficios da época e, sobre todo, en trazar coa palabra as diferentes formas arquitectonicas do século XII. Desta vez as descripcións son mais breves e, polo tanto, menos precisas. Hai mais novela e menos 'arte' ou, dito doutra maneira, menos traballo de investigación. Pode que o autor tan so búscase, ó rebufo de 'Os pilares da Terra' facer unha novela moi comercial que tivese un gran éxito de ventas. Si era eso o que quería dende logo que o conseguiu. O que si non puido lograr foi igualar, nin tan siquera acercarse, ó nivel literarario da primeira parte. E mais, a trama é tan semellante a de 'Os pilares da terra' que 'Un mundo sin fin' semella un plaxio daquela. A diferencia aquí está en que a gran obra que se realiza é unha reparación da primeira, e dicer, da Catedral de Kingsbridge, en concreto da torre -por certo, inspirada na construcción da torre de Santa Maria de Gasteiz. Outra variante está na eterna loita polo poder, que na primeira parte se daba entre clero e nobreza, e agora aparece unha terceira forza, o capital, encarnado polos mercaderes, que é o que move a uns e outros, nunha ou outra dicrección, en función do diñeiro que estén dispostos a aportar. E por último, diferenciase esta segunda parte da primeira en que aparece, xunto coa fame derivada das épocas con malas colleitas, a peste, o cal é causa grandes estragos na trama da novela e, polo tanto, resulta impactante no lector.
lunes, 14 de enero de 2008
O Capital
Ao fin rematei a lectura deste libro agasallado polo compañeiro e amigo Lino tras unha conversa na que, polo visto, amosei -non so eu- certas carencias en canto o dominio de conceptos básicos de economía. Eche ben certo que non hai mal que por ben non veña.Michel Husson di na introdución a esta versión resumida de "O Capital" que hai que aprender a ser radical, e dicer, que hai que ir a raiz das cousas. É por iso que pra comprender o mundo capitalista actual faise necesario acudir a obra de Karl Marx porque éste autor analizou, coma ninguén o fixo endexamais, con acertada sagacidade éste fenómeno.
Pode decirse que "O Capital" é unha obra moi actual a pesares do paso do tempo, pois léndoa decátaste de que moitos dos perigos que no capitalismo viu Marx no seu tempo e se creían esaxerados son hoxe en día unha realidade, pois é ben certo que o capital domina e condiciona o funcionamento da sociedade moderna, creando de xeito continuo novas necesidades e enrolándonos nunha espiral consumista.
Non ía moi errado Marx cando chegou a comparar o capitalismo co feudalismo ou ca escravitude. Ainda así estes dous fenómenos parecíanlle a Marx mais nobles; pois quen traballaba para o señor feudal era consciente de cando traballaba pra él e cando non; o mesmo sucedía co escravo que era consciente de que traballaba sempre para o seu amo. Na actualidade chegamos a ter a falsa creencia de que sempre traballamos pra nos, cando en realidade adicamos unha parte do noso tempo para o sustento propio e o restante para o capitalista, pois a diferencia do que creemos o capital por si mesmo non pode producir mais capital, senón que é o traballo non pagado o que xenera proveito para o empresario.
lunes, 3 de diciembre de 2007
IMPERIUM
Acabo de ler esta magnifica novela de Robert Harris ambientada na República Romana. En concreto ésta novela narra a historia de Cicerón dende a perspectiva do seu escravo Tiro. Cicerón foi para algúns o mais importante político de Roma, o mais destacado filósofo da República e, por suposto, o mellor avogado da sua era.
Entre as aportacións mais destacables feitas por Cicerón o mundo da política, da filosofía e da avogacía, recollidas neste libro, cabe destacar estas:
- "O poder proporciona o home numerosos luxos, pero un par de mans limpas é algo que rara vez se encontra entre eles".
- (Sobre como dar discursos en público) "Non te movas moito, mantén a cabeza erguida, cíñete o asunto en cuestión, fainos rir, fainos chorar e, encanto te ganes a sua simpatía, séntate".
- "Sólo tres cousas contan na oratoria: a declamación, a declamación e a declamación" (Demóstenes).
- "Moi ben, vos, pobres idiotas, podedes riros e disfrutar, eu vou porme mans a obra" (tras ser humillado).
- "A primeira regra da política, Tiro: non olvides nunca unha cara".
- Fíxose o silencio e Cicerón deixou que medrara... "Un vello truco para aumentar a tensión".
- "Cando en política te atopas nun canellón sen saida, o que tes que facer e empezar unha pelexa, empezar unha pelexa ainda que non sepas si vas agañala, porque soamente cando a empezaches e todo se puxo en marcha, xurde a esperanza de ver a luz o final do tunel".
- "A xente prefire que os seus políticos sean tipos grises".
- "É a perseverancia, non o xenio, o que leva os homes a cima".
- "Un vello aforismo dos comerciantes de Macello -un dos mercados de Roma- di que o pescado púdrese dende a cabeza ata os pes".
- "Si un ambiciona o poder, chega un intre en que debe que tomalo".
- "Os abogados defensores ganan amigos; os acusadores, so inimigos".
- "Si tes que matar un animal perigoso, e mellor que te asegures de que o conseguiras no primeiro golpe".
- "A menudo os mellores e mais importantes casos nunca chegan os tribunales".
- "Ninguén pode pretender saber realmente de política ata que se pasou toda unha noite escribindo o discurso que a de pronunciar o día seguinte".
- "En política hai poucas forzas mais difíciles de resistir como a sensación de que algo é inevitable; os seres humáns móvense coma rebaños e, o igual que as ovellas, sempre corren hacia a seguiridade que lles proporciona o vencedor".
- "Querida miña, se me explicas como loitar contra o tempo, estou disposto a loitar con tódalas miñas forzas".
- "A regra de ouro de un contrainterrogatorio é non formular, nunca, endexamais, unha pregunta cuia resposta o interrogador ignora".
- "A XENTE ADORA O SOL QUE SAE, NON O QUE SE PON".
- "Somos conscientes da envidia e o desprecio co que algúns nobres contemplan os méritos e as enerxias dos homus novus, e taén de que basta con que cerremos un intre os ollos para vernos metidos en calquer trampa, de que si deixamos aberto o menor resquicio para a sospeita de unha conducta impropia pagaremos no acto por elo, de que nunca debemos baixar a garda nin permitirnos asueto algún. Temos inimigos, enfrentémolos, temos tareas que acometer, arrimemos o hombro; pero non olvidemos que un inimigo aberto e declarado ¡e menos formidable que unque se oculta e non di nada".
- "O maior problema de calquer estadista consiste enpermitir que os seus compatriotas sospeiten que pon os intereses dos extranxeiros por encima dos do seu propio pobo".
- "O que convence é a convicción. Sencillamente tes que creer de verdade no argumento que plantexas, do contrario estás perdido. Non hai razoamente nin argumentación, por moi lóxica ou brillante que sexa, capazde facerche gañar un caso si quen te escoita cree que che falta convicción".
- "Menuda estupidez. ¿Aburrida a política? ¡A política é a historia viva! ¿Que outra esfera da actividade humana saca o mais noble que hai na alma dos homes e o mesmo tempo o mais baixo? ¿Que outra procura tantas emocións ou expón con maior viveza a nosa forza e debilidade? ¿Aburrida? ¿Acaso a vida é aburrida?.
- "O camiño hacia a cima da política a menudo obliga os homes a aceptar molestos compañeiros de ruta e situaos ante extrañas paisaxes".
- "Ignorar canto sucedeu antes do nacemento de un equivale a seguir sendo un neno para sempre, pois ¿Que valor ten a vida humana si non está entretexida coa dos nosos antepasados a través da historia?.
- "En política un pode facer tantos plans como queira pero o final é a sorte a que decide".
- "A tarefa de gobernar un Estado non é mais que algo no que ocupar o tempo entre unha votación e outra"
- "Tende coidado sempre co home que asegura que non persegue o cargo, ese é o mais perigoso de todos".
viernes, 8 de junio de 2007
Maio longo
Publicado por
xOsedorrio
en
14:32
0
comentarios
Etiquetas:
blog and roll,
bloqquers,
moendo do revés,
que dimitan todos,
rm: one passion,
seino
_ PRA COMPARTIR
lunes, 30 de abril de 2007
resume do mes de abril
Metido como ando na voráxine electoralista, apenas atopo tempo pra ir actualizando os meus blogs. Agora entendo a eses políticos que con toda a súa boa vontade tratan de abrir unha bitácora pra campaña electoral e logo apenas escriben unha entrada a semana... ca de cousas interesantes que suceden cada día, o problema e que acabas a xornada tan farto non che quedan gañas de contar nada. Eu tiña pensado facer algo igual, por iso crei un blog chamado BLOQQUERS, pero moito me temo que vai a quedar nun mero inteno, iso si, aproveito a tódolos 'bloqueiros' que o desexen a participar nel, de modo que si es do bloque tan so tes que pedirme unha invitación por E-MAIL pra ser membro e escribir ahí todo o que che parezca.
Este estado de 'abandono' pasaxeiro que viven os meus blogs notouse un poco na afluencia de visitantes, que retrocede por primeira vez dende que abrín este españo pra contar como van as cousas na miña particular granxa de blogs. Estes son os datos de abril:
tódolos números día a día
páxinas lidas
visitantes únicos
usuarios de volta
Publicado por
xOsedorrio
en
23:48
1 comentarios
Etiquetas:
blog and roll,
bloqquers,
moendo do revés,
que dimitan todos,
rm: one passion,
seino
_ PRA COMPARTIR
domingo, 1 de abril de 2007
Inesperado
O mes de marzo resultou un mes espectacular. A pesares de reducir o número de publicacións en blog and roll -tan so 8 entradas no mes de marzo-, o meu blog mais visitado, o número de visitantes non para de medrar. Vai resultar certa a teoría de Blogs Farm pola que o mellor método pra atraer visitas e ir medrando de forma gradual é crear unha granxa de blogs. A miña granxa persoal avala a sua teoría. Vexan os números:
Boa parte da culpa desde aumento tenna Que Dimitan Todos !!, un dos blogs que mais medrou durante éste mes. Empeza a ter unha presencia destacable en Google e ademais chegan a él moitos usuarios do blog co mesmo nome - e contidos- en Terra. É sen dúbida o blog do mes.
Publicado por
xOsedorrio
en
13:58
0
comentarios
Etiquetas:
blog and roll,
moendo do revés,
que dimitan todos,
rm: one passion,
seino
_ PRA COMPARTIR
jueves, 1 de marzo de 2007
resume do mes de febreiro
O mes de febreiro quedóuse pequeno, lástima que non fose ano bisiesto. A pesar de ter tan so 28 días neste més tiven 405 visitantes únicos mais e casi 2.000 páxinas lidas mais, todo iso a pesar de estar bloqueado blog and roll durante uns 8 ou 9 días do buscador de Google. Tiña lido algo acerca destes bloqueos temporais pero nunca sufrira ningún, é a primeira vez. De tódalas visitas que recibo, aproximadamente un 50% acceden a través de Google. Durante ese tempo as porcentaxes de visitantes vía Google nunca superaban un 10%, de ahí o baixón que reflexan os gráficos a metade de mes. Iso sí... depois diso os indicadores disparáronse, sobre todo nos últimos días gracias a un enlace en "el blog de los blogs" que ainda segue a ser un blog de referencia pra todolos usuarios de blogger.
Publicado por
xOsedorrio
en
14:58
0
comentarios
Etiquetas:
blog and roll,
moendo do revés,
que dimitan todos,
rm: one passion,
seino
_ PRA COMPARTIR
jueves, 1 de febrero de 2007
resume do mes de xaneiro
Este mes non foi nada mal. Aumentou o tráfico considerablemente nos meus blogs. Isto ten varias explicacións: retomei tres dos blogs que tiña abandoados en Terra (Andainas, Que Dimitan Todos !! e Eleccións municipais 2007) , especialmente QDT !! (que ten irmán xemelgo en Blogger), e crei ligazóns neles pra tódolos blogs de Blogger (gran parte destes visitantes proceden de ahí; tamén creei duas páxinas webs en Google Pages (con ligazóns pra blogger, por suposto) na que aloxo arquivos e imáxes que me permiten melloralas prestacións de blogger; creei tres templates persoalizadas éste mes (cada unha é un blog): template b&r tekka, template b&r mínima black, e template b&r thisaway blue, todas con duas sidebar e flexibles; por último abrín un novo blog adicado exclusivamente o mundo dos telefonía móvil, sólo móvil. Espero dispor de tempo pra manter todo actualizado.
Estas son as estadísticas de xaneiro:



Publicado por
xOsedorrio
en
0:09
2
comentarios
Etiquetas:
blog and roll,
moendo do revés,
que dimitan todos,
rm: one passion,
seino
_ PRA COMPARTIR



tódolos números de maio día a día
páxinas leidas durante o mes de maio
visitantes únicos do mes de maio
visitantes de volta no mes de maio
tódolos números día a día
páxinas lidas
visitantes únicos
usuarios de volta
QDT visto por Google Analytics
tódolos números diarios
páxinas lidas
visitantes únicos
usuarios de volta
